Unha cookie (ou galleta informática) é unha pequena información enviada por un sitio web e almacenada no navegador do usuario, de maneira que o sitio web pode consultar a actividade previa do usuario.
As súas principais funcións son:
As cookies son utilizadas habitualmente polos servidores web para diferenciar usuarios e para actuar de diferente forma dependendo destes.
Un uso das cookies é identificarse nun sitio web. Os usuarios normalmente identifícanse introducindo as súas credenciais nunha páxina de validación; as cookies permítenlle ao servidor saber que o usuario xa está validado, e por tanto permítelle acceder a servizos ou realizar operacións que están restrinxidas a usuarios non identificados.
Outros sitios web utilizan as cookies para personalizar o seu aspecto segundo as preferencias do usuario. Os sitios que requiren identificación a miúdo ofrecen esta característica, aínda que tamén está presente noutros que non a requiren. A personalización inclúe tanto presentación como funcionalidade.
As cookies utilízanse tamén para realizar seguimentos de usuarios ao longo dun sitio web. O seguimento nun mesmo sitio normalmente faise coa intención de manter estatísticas de uso, mentres que o seguimento entre sitios normalmente oriéntase á creación de perfís de usuarios anónimos por parte das compañías de publicidade, que logo se usarán para orientar campañas publicitarias (decidir que tipo de publicidade utilizar) baseadas en perfís de usuarios.