• ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
  • Aceso BTC

Muíño das Mareas da Seca

 

O nome de Muíño das Mareas da Seca, construído en 1622, débese á súa peculiar enxeñería e funcionamento co fluxo e refluxo da marea. Durante a preamar, a auga entra a través das 5 comportas distribuídas ao longo da presa de 50 metros. Logo, hai que agardar a que a zona que queda fóra do encoro estea completamente seca para que haxa o suficiente desnivel entre a auga embalsada e a zona seca.

Entón, a presión da auga move a maquinaria de moenda durante as tres horas da marea baixa. Aquí chegáronse a moer ata 200 kg por cada unha das catro moas do muíño en dúas quendas, de día e de noite.

En Galicia existen só 5 muíños de mareas, dos que este é o único en funcionamento. Ata o s. XIX pertenceu aos seus primeiros propietarios, os vizcondes de Fefiñáns, e a el viñan labregos de Cambados e de toda a comarca do Salnés. Nos anos 70 deixou de funcionar e en 2002, foi recuperado polo Concello de Cambados.

CONCELLO DE CAMBADOS

Praza do Concello, 1
36630 Cambados (Pontevedra)
T. (+34) 986 520 943
Formulario de contacto
turismo@cambados.es
Teléfonos de interese | Mapas e folletos | Mapa Web | Accesibilidade | Aviso legal | Cookies


"Albariño, ouro da terra
sol que encendes os amores
  alumeas corredoiras
  e fas esquecer dores."
Ramón Cabanillas
  • ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
Copyright 2015, Concello de Cambados
  • ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
  • Aceso BTC
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • Google plus
Esta web utiliza cookies para ofrecer unha mellor experiencia de usabilidade para o usuario. ACEPTOSaber máis