O proxecto Cambados Enoturismo
Elegante, aromático e afrutado, así é o “Príncipe dourado dos viños”, o Albariño. Viño atlántico que marida a terra e o mar das Rías Baixas e se potencia ao ao velo, ulilo, saborealo, …
O paso do tempo, a creación dunha cultura vitivinícola con nome propio, o traballo de centos de empresarios e adegueiros dan fama internacional a este viño de cor dourada e notas frescas que tan ben combina cos produtos do mar e da horta cambadesa. Un embaixador arredor do que se creou un tecido económico que atrae ao visitante a través do turismo do viño. Cambados é a capital do Albariño! É durante a nosa Festa, na primeira fin de semana de agosto, cando se elixe cada ano o mellor Albariño do mundo.
Calquera época do ano é boa para coñecer este territorio e achegarte á cultura do Albariño. ¡As opcións son múltiples! Podes coñecer as adegas que forman parte da Ruta do Viño das Rías Baixas, pasear polas rúas do conxunto histórico de Cambados e buscar e escanear co teu smartphone os 15 códigos QR colocados en outros tantos puntos de interese ou navegar pola nosa web enoturismo.cambados.es.
Cambados Enoturismo é unha plataforma de promoción do enoturismo promovida polo Concello de Cambados, e financiada con fondos europeos a través do Grupo de Desenvolvemento Rural – GDR Salnés. Está orientada a dinamizar a cultura do viño como un atractivo turístico de interese para este territorio e a súa contorna.