• ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
  • Aceso BTC

Barrio de Cambados

Paseo por fermosas prazas

 
O centenario Paseo da Calzada é a unión natural entre as antigas vilas de Fefiñáns e de Cambados e que, xunto o barrio mariñeiro de San Tomé, conforman a actual zona histórica da vila declarada conxunto-histórico en 2001.

Se por algo se caracteriza o barrio de Cambados é pola súas fermosas prazas e antigas casas nobres que albergan espazos públicos. Na Praza do Concello atoparás a estatua de Ramón Cabanillas e a poucos metros, a escultura de bronce de Francisco Leiro dedicada ao deus Baco en homenaxe ao título de “Cambados, capital do Albariño”.

Desde a concorrida praza de Alfredo Brañas diríxete pola igrexa de Santa Mariña (s. XVI, antigo convento de San Francisco) ata os pés do monte da Pastora para atoparte co Museo Etnográfico e do Viño, o primeiro desta temática aberto en Galicia, e coas ruínas do cemiterio de Santa Mariña Dozo. Os restos desta igrexa e do camposanto son Monumento Nacional desde 1943. No ano 2014 conseguiu ser elixido como o terceiro Monumento Funerario máis importante de España, ademais de estar incluído na prestixiosa Asociación de Cemiterios Singulares de Europa (ASCE).

As vistas desde o monte Pastora ben merecen o esforzo de continuar o camiño ata o cumio para ver a panorámica da señorial vila que foches deixando atrás e do marco no que se asenta, a ría de Arousa coa illa da Toxa, o Grove e as bateas de fondo.

Ruínas de Santa Mariña Dozo, monumento de interés nacionalRuínas de Santa Mariña Dozo, monumento de interés nacionalEstatua en bronce do deus Baco, do artista de Francisco LeiroSanta Mariña Dozo está incluída na prestixiosa Asociación de Cemiterios Singulares de Europa
MAPA DE RECURSOS

Localiza cun clic como chegar aos principais puntos de interés de Cambados…

Categories
Sort
Clear
No matching locations Show all locations
No location found Show all locations
  • Categories:
    View location detail
    Get directions from GoGeo locate me

CONCELLO DE CAMBADOS

Praza do Concello, 1
36630 Cambados (Pontevedra)
T. (+34) 986 520 943
Formulario de contacto
turismo@cambados.es
Teléfonos de interese | Mapas e folletos | Mapa Web | Accesibilidade | Aviso legal | Cookies


"Albariño, ouro da terra
sol que encendes os amores
  alumeas corredoiras
  e fas esquecer dores."
Ramón Cabanillas
  • ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
Copyright 2015, Concello de Cambados
  • ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
  • Aceso BTC
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • Google plus
Esta web utiliza cookies para ofrecer unha mellor experiencia de usabilidade para o usuario. ACEPTOSaber máis