• ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
  • Aceso BTC

Barrio de Fefiñáns

Marcado carácter nobre

 
Cambados é coñecida por ser a Capital do Albariño, mais tamén por atesourar un dos conxuntos histórico-artísticos mellor conservados de Galicia. De feito, foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia en 2001. A impoñente e nobre benvida que ofrece a praza de Fefiñáns, epicentro do barrio do mesmo nome, eleva as expectativas da visita a unha vila señorial esculpida en pedra que, durante séculos, se empapou do olor ao viño Albariño e do mar das Rías Baixas.

Neste barrio, a vista e a conciencia detéñense para contemplar o pazo de Fefiñáns (finais do s. XVI – principios do XVII, declarado Ben de Interese Cultural (BIC). O percorrido visual continúa ata a igrexa de San Bieito (tamén BIC), unida co edificio polo único arco-ponte que se conserva dos catro existentes e polo que se accede. A Torre da Homenaxe tamén pertence ao conxunto.

Na actualidade, nos baixos do pazo poden visitarse dúas adegas, a Gil Armada
(que organiza visitas ao interior do edificio) e Palacio de Fefinanes, que foi a primeira que comercializou Albariño con marca e etiqueta.

Co rueiro na man, os pasos guiarante ata a casa-museo do poeta cambadés Ramón Cabanillas, aos xardíns do Pazo de Torrado (s. XVIII) e ata o Pazo de Bazán (s. XVII), convertido en Parador Nacional de Turismo do Abariño.

Cruzando entre as centenarias árbores do Paseo da Calzada para atoparte co mar, un agradable percorrido duns 2 km guiarate polo paseo marítimo ata o Muíño das Mareas da Seca. De fronte, intuirás as bucinas e o trafego do porto de Tragove e da lonxa onde mariñeiros e mariscadoras venden os tesouros cos que maridar o viño Albariño.

Cambados tamén é único porto de Galicia onde se extrae vieira, un molusco ao que se lle dedica unha festa gastronómica de Interese Turístico de Galicia a mediados de xullo.

Arco de acceso á Praza de FefiñánsOs balcóns con forxado redondo son característicos do Pazo de FefiñánsIgrexa de San BieitoParador Nacional do Albariño - Pazo de Bazán
MAPA DE RECURSOS

Localiza cun clic como chegar aos principais puntos de interese de Cambados…

Categories
Sort
Clear
No matching locations Show all locations
No location found Show all locations
  • Categories:
    View location detail
    Get directions from GoGeo locate me

CONCELLO DE CAMBADOS

Praza do Concello, 1
36630 Cambados (Pontevedra)
T. (+34) 986 520 943
Formulario de contacto
turismo@cambados.es
Teléfonos de interese | Mapas e folletos | Mapa Web | Accesibilidade | Aviso legal | Cookies


"Albariño, ouro da terra
sol que encendes os amores
  alumeas corredoiras
  e fas esquecer dores."
Ramón Cabanillas
  • ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
Copyright 2015, Concello de Cambados
  • ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
  • Aceso BTC
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • Google plus
Esta web utiliza cookies para ofrecer unha mellor experiencia de usabilidade para o usuario. ACEPTOSaber máis