• ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
  • Aceso BTC

Museo do Viño

O saber recopilado

Situado nun dos puntos máis emblemáticos de Cambados, ao lado das ruínas do cemiterio de Santa Mariña Dozo (BIC incluído dentro da Asociación de Cemiterios Singulares de Europa (ASCE), o edificio ocupa a que fora a antiga casa reitoral do recinto eclesiástico.

O percorrido pola súas seis salas expositivas [escoita as audioguías] permitirache coñecer a historia do Albariño, a cultura vitivinícola que o rodea, os apeiros de labranza ou as tradicións que perviven ou cambiaron co paso do tempo para adaptarse ás novas demandas.

No exterior atópase o conxunto escultórico “Loureiro” de Manolo Paz, unha homenaxe aos furanchos (tascas onde se venden os excentes da colleita acompañados de gastronomía típica), xunto cun lagar (prensa que se emprega para estraer o derradeiro mosto dos restos sólidos).

O museo conta co tenda, servizos de información e visitas guiadas concertadas.

 

CONTACTO
Rede de Museos Municipais de Cambados
Avenida da Pastora, 104. 36630 Cambados – Pontevedra
Ver en Google Maps
T. (+34) 673 533 379 – 986 525 119
Email: museo.cambados@concellos.depontevedra.es

HORARIO
Inverno (01/11 – 31/05), martes a sábados: 10 a 14 / 16.30 a 18.30 // Domingos: de 10 a 14h
Verán (01-06 / 31/10), martes a sábados: 10 a 14 / 17 a 20h // Domingos: 10 a 14h

ENTRADA
Normal:
– 18 a 64 anos: 3,20€
– Grupos a partir de 20 persoas (20% de desconto): 2,55€

Reducida:
-De 11 a 17 anos e maiores de 65 anos (50% de desconto): 1,60€
-Menores de 11 anos: gratis

Casa-Museo de Ramón Cabanillas

O poeta da raza

A Casa–Museo do poeta e escritor cambadés Ramón Cabanillas (1876–1959) atópase no barrio de Fefiñáns. É unha casa tipicamente mariñeira que se distingue, nada máis vela, polo patín: as escaleiras exteriores e o descanso xunto á porta de entrada utilizábanse para secar os apeiros de pesca.

Nas dúas salas do museo recréase a vida do escritor a través de fondos bibliográficos (primeiras edicións dos seus libros), fotográficos e coleccións de revistas e de xornais como O Umia, no que comezou a súa aventura xornalística.

A súa prolífica obra abarcou todas as temáticas (social, relixiosa, amorosa) e xéneros (poesía, prosa). Emigrante en Cuba, alí comezou a escribir en galego e á súa volta, uniuse á loita agrarista, comprometéndose co movemento galeguista das Irmandades da Fala a través do que colaborou co xornal A Nosa Terra. A partir da publicación da súa terceira obra, Da terra asoballada (1917), é coñecido como “O poeta da raza”. Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Española.

Os seus restos descansan no Panteón de Galegos Ilustres de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela).

 

CONTACTO
Rede de Museos Municipais de Cambados
Rúa Novidades, s/n. 36630 Cambados – Pontevedra
Ver en Google Maps
T. (+34) 673 533 379 – 986 525 119
Email: museo.cambados@concellos.depontevedra.es

HORARIO
Visita con cita previa.

ENTRADA
Normal:
– 18 a 64 anos: 3,20€

– Grupos a partir de 20 persoas (20% de desconto): 2,55€

Reducida:
-De 11 a 17 anos e maiores de 65 anos (50% de desconto): 1,60€

-Menores de 11 anos: gratis

Muíño de Mareas da Seca

Único en activo en Galicia

O nome de Muíño de Mareas da Seca, construído en 1622, débese á súa peculiar enxeñería e funcionamento co fluxo e refluxo da marea. Durante a preamar, a auga entra a través das 5 comportas distribuídas ao longo da presa de 50 metros. Logo, hai que agardar a que a zona que queda fóra do encoro estea completamente seca para que haxa o suficiente desnivel entre a auga embalsada e a zona seca.

Entón, a presión da auga move a maquinaria de moenda durante as tres horas da marea baixa. Aquí chegáronse a moer ata 200 kg por cada unha das catro moas do muíño en dúas quendas, de día e de noite.

En Galicia existen só 5 muíños de mareas, dos que este é o único en funcionamento. Ata o s. XIX pertenceu aos seus primeiros propietarios, os vizcondes de Fefiñáns, e a el viñan labregos de Cambados e de toda a comarca do Salnés. Nos anos 70 deixou de funcionar e en 2002, foi recuperado polo Concello de Cambados.

 

CONTACTO
Rede de Museos Municipais de Cambados
Tragove, Corvillón. 36330 Cambados – Pontevedra
Ver en Google Maps
T. (+34) 673 533 379 – 986 525 119
Email: museo.cambados@concellos.depontevedra.es

HORARIO
Visitas con cita previa só para grupos.

ENTRADA
Normal:
– 18 a 64 anos: 3,20€
– Grupos a partir de 20 persoas (20% de desconto): 2,55€

Reducida:
-De 11 a 17 anos e maiores de 65 anos (50% de desconto): 1,60€
-Menores de 11 anos: gratis

CONCELLO DE CAMBADOS

Praza do Concello, 1
36630 Cambados (Pontevedra)
T. (+34) 986 520 943
Formulario de contacto
turismo@cambados.es
Teléfonos de interese | Mapas e folletos | Mapa Web | Accesibilidade | Aviso legal | Cookies


"Albariño, ouro da terra
sol que encendes os amores
  alumeas corredoiras
  e fas esquecer dores."
Ramón Cabanillas
  • ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
Copyright 2015, Concello de Cambados
  • ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
  • Aceso BTC
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • Google plus
Esta web utiliza cookies para ofrecer unha mellor experiencia de usabilidade para o usuario. ACEPTOSaber máis