• ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
  • Aceso BTC

Casa-Museo de Ramón Cabanillas

O poeta da raza

 
A Casa–Museo do poeta e escritor cambadés Ramón Cabanillas (1876–1959) atópase no barrio de Fefiñáns. É unha casa tipicamente mariñeira que se distingue, nada máis vela, polo patín: as escaleiras exteriores e o descanso xunto á porta de entrada utilizábanse para secar os apeiros de pesca.

Nas dúas salas do museo [escoita a audioguía] recréase a vida do escritor a través de fondos bibliográficos (primeiras edicións dos seus libros), fotográficos e coleccións de revistas e de xornais como O Umia, no que comezou a súa aventura xornalística.

A súa prolífica obra abarcou todas as temáticas (social, relixiosa, amorosa) e xéneros (poesía, prosa). Emigrante en Cuba, alí comezou a escribir en galego e á súa volta, uniuse á loita agrarista, comprometéndose co movemento galeguista das Irmandades da Fala a través do que colaborou co xornal A Nosa Terra. A partir da publicación da súa terceira obra, Da terra asoballada (1917), é coñecido como “O poeta da raza”. Foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia Española.

Os seus restos descansan no Panteón de Galegos Ilustres de Santo Domingo de Bonaval (Santiago de Compostela).

 

CONTACTO
Rede de Museos Municipais de Cambados
Rúa Novidades, s/n. 36630 Cambados – Pontevedra
Ver en Google Maps
T. (+34) 673 533 379 – 986 525 119
Email: museo.cambados@concellos.depontevedra.es

HORARIO
Visita con cita previa.

ENTRADA
Normal:
– 18 a 64 anos: 3,20€

– Grupos a partir de 20 persoas (20% de desconto): 2,55€

Reducida:
-De 11 a 17 anos e maiores de 65 anos (50% de desconto): 1,60€

-Menores de 11 anos: gratis

A máquina de escribir de Cabanillas preside o seu despachoActa de nacemento de Ramón CabanillasO museo é a casa natal do escritor cambadésNo museo pode verse a obra completa de Cabanillas
MAPA DE RECURSOS

Localiza cun clic como chegar aos principais puntos de interese de Cambados…

Categories
Sort
Clear
No matching locations Show all locations
No location found Show all locations
  • Categories:
    View location detail
    Get directions from GoGeo locate me

CONCELLO DE CAMBADOS

Praza do Concello, 1
36630 Cambados (Pontevedra)
T. (+34) 986 520 943
Formulario de contacto
turismo@cambados.es
Teléfonos de interese | Mapas e folletos | Mapa Web | Accesibilidade | Aviso legal | Cookies


"Albariño, ouro da terra
sol que encendes os amores
  alumeas corredoiras
  e fas esquecer dores."
Ramón Cabanillas
  • ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
Copyright 2015, Concello de Cambados
  • ENOTURISMO
  • QUE VER?
  • EXPERIENCIAS 2.0
  • GALERÍA
  • AXENDA
  • SERVIZOS
  • Aceso BTC
  • Facebook
  • Instagram
  • Twitter
  • Google plus
Esta web utiliza cookies para ofrecer unha mellor experiencia de usabilidade para o usuario. ACEPTOSaber máis