Muíño das Mareas da Seca
Único en activo en Galicia
O nome de Muíño das Mareas da Seca, construído en 1622, débese á súa peculiar enxeñería e funcionamento co fluxo e refluxo da marea [escoita a audioguía]. Durante a preamar, a auga entra a través das 5 comportas distribuídas ao longo da presa de 50 metros. Logo, hai que agardar a que a zona que queda fóra do encoro estea completamente seca para que haxa o suficiente desnivel entre a auga embalsada e a zona seca.
Entón, a presión da auga move a maquinaria de moenda durante as tres horas da marea baixa. Aquí chegáronse a moer ata 200 kg por cada unha das catro moas do muíño en dúas quendas, de día e de noite.
En Galicia existen só 5 muíños de mareas, dos que este é o único en funcionamento. Ata o s. XIX pertenceu aos seus primeiros propietarios, os vizcondes de Fefiñáns, e a el viñan labregos de Cambados e de toda a comarca do Salnés. Nos anos 70 deixou de funcionar e en 2002, foi recuperado polo Concello de Cambados.
CONTACTO
Rede de Museos Municipais de Cambados
Tragove, Corvillón. 36330 Cambados – Pontevedra
Ver en Google Maps
T. (+34) 673 533 379 – 986 525 119
Email: museo.cambados@concellos.depontevedra.es
HORARIO
Visitas con cita previa só para grupos.
ENTRADA
Normal:
– 18 a 64 anos: 3,20€
– Grupos a partir de 20 persoas (20% de desconto): 2,55€
Reducida:
-De 11 a 17 anos e maiores de 65 anos (50% de desconto): 1,60€
-Menores de 11 anos: gratis